jueves, 6 de abril de 2017

Resposta do alcalde.

Fai unhas semanas, recibimos unha carta do Excelentísimo Alcalde de Vigo, Don Abel Caballero, que con gran amabilidade nos respostaba a unha misiva que o alumnado de 4º de primaria lle enviara con aterioridade falándolle do proxecto realizado sobre o cambio climático e dando unhas pautas a seguir na cidade para evitar este feito. O alcalde tivo a enorme deferencia de respostar e informar aos nenos e nenas de como están sendo as actuación actuais e futuras en materia medioambiental na cidade. Loxicamente lles fixo moita ilusión recibir esta carta. Moitas grazas señor alcalde.

1 comentario: