lunes, 25 de septiembre de 2017

Collage de animais do bosque.

Continuando co proxecto do bosque, os alumnos/as están elaborando uns Piccollage con diversos animais que habitan no bosque galego.

jueves, 21 de septiembre de 2017

O bosque

Os grupos xa están traballando a pleno rendemento no proxecto do bosque, onde van a aprender contidos relacionados coas plantas e árbores, cos animais, cos ecosistemas, etc.

viernes, 15 de septiembre de 2017

Girasoles

Hoy continuando con el proyecto del bosque pintamos una planta: los girasoles de Van Gohg. aquí tenemos a Kevin Rojano con su cuadro

lunes, 22 de mayo de 2017

O ANTIGO EXIPTO

Xa temos case que rematado o derradeiro proxecto deste curso: O Antigo Exipto. O meu máis sinceiro aplauso a todos/as os alumnos/as de 4º que fixeron un traballo espectacular sobre esta antiga civilización. Que se involucraron de maneira espectacular e aprenderon moitas cousas sobre esta enigmática civilización.Só falta a realización do libro con toda a información obtida que remataremos en vindeiras datas e sibiremos a este blogue. Gracias

jueves, 6 de abril de 2017

Resposta do alcalde.

Fai unhas semanas, recibimos unha carta do Excelentísimo Alcalde de Vigo, Don Abel Caballero, que con gran amabilidade nos respostaba a unha misiva que o alumnado de 4º de primaria lle enviara con aterioridade falándolle do proxecto realizado sobre o cambio climático e dando unhas pautas a seguir na cidade para evitar este feito. O alcalde tivo a enorme deferencia de respostar e informar aos nenos e nenas de como están sendo as actuación actuais e futuras en materia medioambiental na cidade. Loxicamente lles fixo moita ilusión recibir esta carta. Moitas grazas señor alcalde.

viernes, 31 de marzo de 2017

Video Proxecto Ría de Vigo

http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d104294716k1229045o1l1/a-ra-de-vigo. Para visualizar o video pinchar AQUÍ

As bateas e o mexillón

Outro grupo de alumnos/as encargouse de preparar un traballo sobre as bateas e o mexillón. Para iso elaborou a súa infografía. Aquí se presenta.
Loading...

Loading...

viernes, 24 de marzo de 2017

Os asteleiros da Ría de Vigo

Un dos grupos de traballo, máis concretamente o de Mara, Samuel e Manuel, elaboraron este póster sobre o seu ámbito de traballo no proxecto da Ría de Vigo, que foi a construción naval, os asteleiros. Moi bo resultado. Noraboa rapaces.
Loading...

Loading...

Loading...

Loading...

Project-Based Learning at High-Tech High

Este é o camiño a seguir dentro da educación.
Loading...

Loading...

jueves, 23 de marzo de 2017

A RECONQUISTA

O pasado xoves 22 de Marzo, levamos a cabo unha saida ao casco vello de Vigo, para realizar unha actividade sobre a Reconquista de Vigo aos franceses. Unha magoa que a climatoloxía non acompañara e só puidéramos facer unha actividade a cuberto sen poder realizar o percorrido polas rúas do casco vello vendo in situ os escenarios daquela fazaña histórica. aínda así os nenos e nenas aprenderon moitas cousas sobre a Reconquista e o pasron moi ben co soldado francés Pierre de la Pierre.

Ría de Vigo

miércoles, 15 de marzo de 2017

A Ría de Vigo

Levamos xa unhas cantas sesións de traballo do novo proxecto sobre a Ría de Vigo. Un proxecto amplio e complexo onde os nenos /as están traballando aspectos como os animais vertebrados e invertebrados da ría de Vigo, os ecosistemas, centrándonos nos ecosistemas mariños e tamén estamos estudando os sectores económicos, centrándonos no marisqueo, nas bateas e na industria naval.
Para ver video sobre a Ría de Vigo facer click AQUI

viernes, 10 de febrero de 2017

miércoles, 8 de febrero de 2017

INVENTOS E MÁQUINAS NA HISTORIA

Rematamos este mes o traballo no proxecto das máquinas e dos inventos ao longo da historia. Os alumnos/as puideron aprender a evolución histórica das máquinas dende a aparición do ser humano na Terra ata os nosos días. Tamén construiron os seus propios inventos, con caixas de cartón, que quedaron fenomenal. O meu máis sincero agradecemento e recoñecemento ao seu gran traball o.

viernes, 13 de enero de 2017

PIZZAS de FRACCIÓNS








TRABALLAMOS AS FRACCIÓNS CON PIZZAS

Hoxe pola mañá, na clase de matemáticas estivemos traballando o concepto de fracción, os elementos que compoñen as fraccións así como a comparación de fraccións con igual denominador.
Para rematar traballamos o concepto de fraccións equivalentes.
Todo isto o estiveros traballando os alumnos/as dunha forma amena e "gustosa". Elaboraron nove pizzas que tiveron que fraccionar e comparar os anacos. Tamen estableceron equivalencias colocando diversos carteis sobre as pizzas. Logo tocou traballar o compañeirismo e a solidaridade, xa que repartiron anacos de pizza aos compañeiros de outros cursos.