lunes, 25 de septiembre de 2017

Collage de animais do bosque.

Continuando co proxecto do bosque, os alumnos/as están elaborando uns Piccollage con diversos animais que habitan no bosque galego.

jueves, 21 de septiembre de 2017

O bosque

Os grupos xa están traballando a pleno rendemento no proxecto do bosque, onde van a aprender contidos relacionados coas plantas e árbores, cos animais, cos ecosistemas, etc.

viernes, 15 de septiembre de 2017

Girasoles

Hoy continuando con el proyecto del bosque pintamos una planta: los girasoles de Van Gohg. aquí tenemos a Kevin Rojano con su cuadro

lunes, 22 de mayo de 2017

O ANTIGO EXIPTO

Xa temos case que rematado o derradeiro proxecto deste curso: O Antigo Exipto. O meu máis sinceiro aplauso a todos/as os alumnos/as de 4º que fixeron un traballo espectacular sobre esta antiga civilización. Que se involucraron de maneira espectacular e aprenderon moitas cousas sobre esta enigmática civilización.Só falta a realización do libro con toda a información obtida que remataremos en vindeiras datas e sibiremos a este blogue. Gracias

jueves, 6 de abril de 2017

Resposta do alcalde.

Fai unhas semanas, recibimos unha carta do Excelentísimo Alcalde de Vigo, Don Abel Caballero, que con gran amabilidade nos respostaba a unha misiva que o alumnado de 4º de primaria lle enviara con aterioridade falándolle do proxecto realizado sobre o cambio climático e dando unhas pautas a seguir na cidade para evitar este feito. O alcalde tivo a enorme deferencia de respostar e informar aos nenos e nenas de como están sendo as actuación actuais e futuras en materia medioambiental na cidade. Loxicamente lles fixo moita ilusión recibir esta carta. Moitas grazas señor alcalde.