lunes, 25 de septiembre de 2017
Collage de animais do bosque.
Continuando co proxecto do bosque, os alumnos/as están elaborando uns Piccollage con diversos animais que habitan no bosque galego.
jueves, 21 de septiembre de 2017
O bosque
Os grupos xa están traballando a pleno rendemento no proxecto do bosque, onde van a aprender contidos relacionados coas plantas e árbores, cos animais, cos ecosistemas, etc.
viernes, 15 de septiembre de 2017
Girasoles
Hoy continuando con el proyecto del bosque pintamos una planta: los girasoles de Van Gohg. aquí tenemos a Kevin Rojano con su cuadro
lunes, 22 de mayo de 2017
O ANTIGO EXIPTO
Xa temos case que rematado o derradeiro proxecto deste curso: O Antigo Exipto.
O meu máis sinceiro aplauso a todos/as os alumnos/as de 4º que fixeron un traballo espectacular sobre esta antiga civilización. Que se involucraron de maneira espectacular e aprenderon moitas cousas sobre esta enigmática civilización.Só falta a realización do libro con toda a información obtida que remataremos en vindeiras datas e sibiremos a este blogue. Gracias
martes, 9 de mayo de 2017
jueves, 6 de abril de 2017
Resposta do alcalde.
Fai unhas semanas, recibimos unha carta do Excelentísimo Alcalde de Vigo, Don Abel Caballero, que con gran amabilidade nos respostaba a unha misiva que o alumnado de 4º de primaria lle enviara con aterioridade falándolle do proxecto realizado sobre o cambio climático e dando unhas pautas a seguir na cidade para evitar este feito.
O alcalde tivo a enorme deferencia de respostar e informar aos nenos e nenas de como están sendo as actuación actuais e futuras en materia medioambiental na cidade.
Loxicamente lles fixo moita ilusión recibir esta carta. Moitas grazas señor alcalde.
martes, 4 de abril de 2017
viernes, 31 de marzo de 2017
Video Proxecto Ría de Vigo
http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d104294716k1229045o1l1/a-ra-de-vigo.
Para visualizar o video pinchar AQUÍ
As bateas e o mexillón
Outro grupo de alumnos/as encargouse de preparar un traballo sobre as bateas e o mexillón. Para iso elaborou a súa infografía. Aquí se presenta.

Loading...
viernes, 24 de marzo de 2017
Os asteleiros da Ría de Vigo
Un dos grupos de traballo, máis concretamente o de Mara, Samuel e Manuel, elaboraron este póster sobre o seu ámbito de traballo no proxecto da Ría de Vigo, que foi a construción naval, os asteleiros.
Moi bo resultado. Noraboa rapaces.

Loading...
jueves, 23 de marzo de 2017
A RECONQUISTA
O pasado xoves 22 de Marzo, levamos a cabo unha saida ao casco vello de Vigo, para realizar unha actividade sobre a Reconquista de Vigo aos franceses. Unha magoa que a climatoloxía non acompañara e só puidéramos facer unha actividade a cuberto sen poder realizar o percorrido polas rúas do casco vello vendo in situ os escenarios daquela fazaña histórica. aínda así os nenos e nenas aprenderon moitas cousas sobre a Reconquista e o pasron moi ben co soldado francés Pierre de la Pierre.
miércoles, 15 de marzo de 2017
A Ría de Vigo
Levamos xa unhas cantas sesións de traballo do novo proxecto sobre a Ría de Vigo. Un proxecto amplio e complexo onde os nenos /as están traballando aspectos como os animais vertebrados e invertebrados da ría de Vigo, os ecosistemas, centrándonos nos ecosistemas mariños e tamén estamos estudando os sectores económicos, centrándonos no marisqueo, nas bateas e na industria naval.
Para ver video sobre a Ría de Vigo facer click AQUI
martes, 7 de marzo de 2017
miércoles, 15 de febrero de 2017
viernes, 10 de febrero de 2017
AMARA BERRI
Este é o modelo a seguir e a implantar en todos os centros si queremos que todo vaia moito mellor.
http://www.rtve.es/alacarta/videos/la-aventura-del-saber/aventuraamara/3896670
miércoles, 8 de febrero de 2017
INVENTOS E MÁQUINAS NA HISTORIA
Rematamos este mes o traballo no proxecto das máquinas e dos inventos ao longo da historia. Os alumnos/as puideron aprender a evolución histórica das máquinas dende a aparición do ser humano na Terra ata os nosos días. Tamén construiron os seus propios inventos, con caixas de cartón, que quedaron fenomenal. O meu máis sincero agradecemento e recoñecemento ao seu gran traball
o.
martes, 31 de enero de 2017
viernes, 27 de enero de 2017
viernes, 13 de enero de 2017
PIZZAS de FRACCIÓNS
TRABALLAMOS AS FRACCIÓNS CON PIZZAS
Hoxe pola mañá, na clase de matemáticas estivemos traballando o concepto de fracción, os elementos que compoñen as fraccións así como a comparación de fraccións con igual denominador.Para rematar traballamos o concepto de fraccións equivalentes.
Todo isto o estiveros traballando os alumnos/as dunha forma amena e "gustosa". Elaboraron nove pizzas que tiveron que fraccionar e comparar os anacos. Tamen estableceron equivalencias colocando diversos carteis sobre as pizzas. Logo tocou traballar o compañeirismo e a solidaridade, xa que repartiron anacos de pizza aos compañeiros de outros cursos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)