viernes, 13 de enero de 2017

PIZZAS de FRACCIÓNS








TRABALLAMOS AS FRACCIÓNS CON PIZZAS

Hoxe pola mañá, na clase de matemáticas estivemos traballando o concepto de fracción, os elementos que compoñen as fraccións así como a comparación de fraccións con igual denominador.
Para rematar traballamos o concepto de fraccións equivalentes.
Todo isto o estiveros traballando os alumnos/as dunha forma amena e "gustosa". Elaboraron nove pizzas que tiveron que fraccionar e comparar os anacos. Tamen estableceron equivalencias colocando diversos carteis sobre as pizzas. Logo tocou traballar o compañeirismo e a solidaridade, xa que repartiron anacos de pizza aos compañeiros de outros cursos.