miércoles, 30 de noviembre de 2016

Tamén podemos ver e visita de Ana Celia Vázquez no twitter do tempo de crtvg.
Bos días, hoxe contamos no centro coa presenza de Ana Celia Vázquez, unha das presentadoras do tempo na CRTVG, que nos deu unha charla sobre diversos aspectos do tempo. Logo o alumnado de 4º, 5º e 6º lle fixeron unha completa entrevista que será publicada en vindeiras datas.Logo visitou a nosa clase de 4º onde quedou impresionada co traballo feito polos alumnso/as sobre o cambio climático e o mapado tempo no noso telediario matinal. Moitas grazas Ana Celia por todo.

martes, 29 de noviembre de 2016

Empezamos un novo proxecto de traballo: As prantas. Un mundo apixonante onde existen moitos interrogantes que descifar e onde os nenos/as irán descubrindo uns dos elementos máis importantes do noso planeta, tomando conciencia do seu coidado e mantemento.
Bos días, xa formamos parte das escolas Enrédate Unicef. Un gran paso. A partir de agora traballaremos moitos aspectos sociais en proxectos apaixonantes. Xa temos os nosos pasaportes Unicef.

viernes, 4 de noviembre de 2016

Hoxe en clase fixemos unha sesión de matemáticas orixinal. Traballamos as multiplicacións e as potencias facendo unhas exquisitas galletas.